hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Zoila Orquera visita Pontevedra

De compras por

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

zoila_01 A pasada semana a tenda de Comercio Xusto de Pontevedra (Galerías Oliva), pertencente á ONG Solidariedade Internacional de Galicia, recibiu a visita de Zoila Orquera,......

dentro da xira que está a facer por Galicia nas tendas desta asociación. A señora Zoila Orquera é representante da Asociación Feminina 8 de marzo de Quito (Ecuador) e amosouse “orgullosa e agradecida de poder estar en Galicia para facer ver que o Comercio Xusto é necesario”. Está na nosa terra para dar a coñecer os produtos que se fan artesanalmente na súa asociación e que serven “para que moitas mulleres teñan un chan digno”.
Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa Obra Social Caixa Galicia, impulsou durante o último ano un proxecto con asociacións de mulleres produtoras con poucos recursos en barrios da cidade de Quito, Ecuador.
O proxecto incluíu procesos de formación, e mellora da produción e comercialización dos produtos, ao mesmo tempo que permitiu a estas mulleres de escasos recursos desenvolver capacidades humanas e técnicas, para así poder optar a un traballo recoñecido social e economicamente.
Dende unha visión integradora da Cooperación Internacional, en Solidariedade Internacional de Galicia queren unir o traballo realizado nos países empobrecidos coa  Sensibilización e Educación para o desenvolvemento na nosa comunidade. É por isto que, durante os vindeiros días recibirase a visita de ZOILA ORQUERA, unha das mulleres participantes no proxecto realizado en Quito que dará a coñecer á poboación galega o traballo de produtore/as de cooperativas de Comercio Xusto e para ter un testemuño en primeira persoa das vantaxes que supón esta forma alternativa de comercio para elas e eles. Solidariedade Internacional de Galicia, en colaboración coa Obra Social Caixa Galicia, impulsou durante o último ano un proxecto con asociacións de mulleres produtoras con poucos recursos en barrios da cidade de Quito, Ecuador.

zoila_02 zoila_03 zoila_04 zoila_05 zoila_06 zoila_07 zoila_08 zoila_09

Escribir un comentario