hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A 'Carreira do Pavo' reunirá a 600 corredores este domingo na Alameda de Vigo

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

corteingls O Gran Premio Pedestre de Nadal, a tradicional Carreira do Pavo, disputarase este domingo na contorna da Alameda de Vigo co apoio da Concellería de Deportes e o patrocinio de El Corte Inglés, que dá nome ao premio. A proba, que espera non baixar dos 600 inscritos para todas as carreiras (haberá oito saídas segundo idades), definirá o circuíto de carreiras populares Cidade de Vigo, que bota o pano logo dunha terceira edición na que segue crecendo.

A do Pavo é a máis veterana de cantas probas en ruta existen en Vigo ao comezar en 1943. Ao longo da súa historia deixou de realizarse en varias oportunidades, a derradeira en 1999, e agora leva doce edicións seguidas e incorporou aos atletas populares.

A carreira do Pavo, cuxa inscrición de balde está aberta ata o xoves, pon o punto final ao circuíto 2011, que este ano contou con sete probas; o domingo, a delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo presentará o aliciente da ampliación do percorrido ao correr polas Avenidas. Cada volta será de 2.050 metros fronte aos 1.600 metros do ano anterior.

Escribir un comentario