hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Este domingo celebrase a media maratón de Pontevedra coa choiva de protagonista

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

bert Pontevedra acolle este domingo a XVI edición da Media Maratón Serviocio 2011, na que correrán máis de 1.000 participantes (a inscripción está pechada). A proba, que foi presentada este martes no ximnasio da piscina de Campolongo co fondo das máquinas de fitness en plena actividade, chega este ano a súa décimosexta edición. A choiva está a ser un dos protagonistas nesta xornada.

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; o representante da Sociedade Ximnástica, Juan Romero, e os patrocinadores: Santiago Picallo por La Caixa e Genaro Lorenzo, por Serviocio, foron os encargados de informar sobre os últimos detalles.

A carreira celebraráse este domingo 23 de outubro ás 10,30 horas e terá un recorrido total de 21,97 kilómetros con dúas voltas polo centro da cidade de Pontevedra. A saída efectuarase nas inmediacións do CGTD, na rúa José Malvar e Figueroa e a meta na pista de atletismo do CGTD. 

Cousas a ter en conta: O chip de aluguer debe devolverse en meta. Haberá avituallamento líquido cada cinco quilómetros. En meta entregarase tamén unha camiseta conmemorativa, unha bolsa de produtos alimenticios, servizo de fisioterapia e gardaría.

Entrega de dorsais: O sábado 22 de outubro, no propio CGTD entregaranse durante practicamente todo o día os dorsais e tamén na mañá do día da proba.

Premios: Este ano varían os premios en metálico, seguiranse dando ao oito primeiros, en homes e mulleres, pero establécese unha nova categoría de corredores locais, dos cales o tres primeiros obterán tamén un premio en metálico. Tamén haberá trofeo aos tres primeiros e primeiras da carreira e trofeo ao gañador de cada categoría.

Fotografía: Pietropuki

Escribir un comentario