A parroquia pontevedresa de Marcón conta dende o pasado fin de semana cun novo pabillón deportivo situado en Monte Carrasco. O investimento que o Concello fixo nestas instalacións deportivas foi de máis de 1,5 millóns de euros nas dúas fases de construción. A primeira que superou os 700.000 euros serviu para acondicionar o terreo (desbroces, desmontes…), facer zapatas, a estrutura da pista e tamén a cuberta do pavillón. A segundafase (a que se rematou agora) achégase aos 900.000 euros e supuxo dotar ao pavillón dun cerramento perimetral, servizos, vestiarios, bancadas para 250 persoas e enfermaría. Tamén se creou un acceso adaptado ao recinto deportivo e prazas de aparcadoiro adaptadas ao volume do pavillón.
Entre as novidades deste proxecto se contemplan un sistema especial de calentamento do aire durante o inverno, sistemas de eficiencia enerxética, grupo electróxeno para emerxencias, pavimento da pista especial para estas instalacións, canastras fixadas ao teito, porterías de fútbol sala e balonmán e postes de voleibol, marcador electrónico…
A obra rematouse este mesmo mesmo mes co acondicionamento exterior do pavillón. Esta urbanización foi necesaria xa que o pavillón vai ser empregado polos clubs deportivos da parroquia, pero tamén terá outros usos ao servizo da Asociación de pais de alumnos de Marcón e a dirección do colexio, xa que o pavillón será de uso escolar. A urbanización exterior consistiu en habilitar unha zona de estacionamento para autobuses e vehículos máis pequenos.
Tamén se construíron beirarrúas, e acondicionouse toda a contorna verde coa plantación de novas árbores.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















