Única contrarreloj e puntuación do Alto do Castrove
A segunda etapa será o 29 de agosto entre Cambados e Pontevedra. Será a única contrarreloj individual da Volta 2012. Os 40 kilómetros de crono inclúen o porto de 3ª categoría Alto do Monte Castrove no que os tres mellores tempos ó seu paso polo porto serán os que puntúen para a clasificación da montaña. É unha etapa moi técnica, rápida e con moitas curvas. Discurre por Cambados, Oubiña, Ribadumia, Valboa, Alto do Monte Castrove, Coruxas e Pontevedra.
A terceira etapa, o 30 de agosto, Vilagarcía de Arousa-Dumbría (Mirador de Ézaro), de 184,6 kilómetros, promete un final de infarto nas fortes e espectaculares rampas de acceso ó mirador de Ézaro. Discurre por Vilagarcía, Caldas, Cuntis, Barco, Pousada, Padrón, Bunés, Taragoña, Boiro, Pontes, Xinxide, San Vicente de Noal, Mariño, Vilanova, Figueroa, Boavista, Vilor e Ézaro.
A Volta a España chegará a Pontevedra depois de disputarse a etapa 9ª entre Andorra e Barcelona o domingo 26 de agosto. O luns 27 será xornada de descanso e o martes 28 será a etapa Ponteareas-Sanxenxo, que será a 10ª da carreira.
Cambados e Vilagarcía serán saidas inéditas na Volta a España. E Sanxenxo un final tamén inédito. Ponteareas será a segunda vez que terá, de xeito consecutivo, unha saida de etapa e contará, ademáis, cos espectaculares entrenamentos da xornada de descanso.
Louzán, que foi o único presidente dunha deputación ou concello galego que participou na presentación, indicou que o apoio á Volta a España non será un gasto, senón unha inversión con importantes retornos no sector hosteleiro e restaurador así como en canto a promoción turística das Rías Baixas en 140 países do mundo a través das retransmisións televisivas nas que estará presente o logo de Rías Baixas.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















