hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A Volta Ciclista a España voltará este verán a Pontevedra

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

DSC_0015 A Volta Ciclista a España 2012 caravana ocupará 1.200 prazas hoteleiras perante catro noites, entre o 26 e o 30 de agosto· Destacou a repercusión directa no sector turístico así como a promoción das Rías Baixas en 140 países con dúas horas de retransmisión televisiviva en directo.

A 67 edición da Volta Ciclista a España percorrerá máis da metade dos concellos da provincia de Pontevedra, acollendo tres etapas e albergando unha caravana que ocupará 1.200 prazas hoteleiras perante catro noites.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado polos alcaldes de Ponteareas, Sanxenxo, Cambados e Vilagarcía, presentou este mércores o acordo acadado pola institución provincial coa empresa Unipublic, encargada da organización deste evento deportivo.Louzán informou que a Volta chegará á provincia o domingo 26 de agosto dende Cataluña. O día seguinte, luns 27, será día de descanso no que terán lugar os espectaculares entrenamientos nas estradas da provincia.O martes 28 terá lugar a décima etapa da Volta, con saida en Ponteareas, paso polos concellos de Louriña, Val Miñor e O Morrazo e chegada a Sanxenxo. O mércores 29, a undécima etapa será contrarreloj individual, con saida da Praza de Fefiñáns, en Cambados, e chegada a Pontevedra. O xoves 30, a Volta a España sairá dende Vilagarcía con destiño á provincia de A Coruña.

Dende o domingo 26 ata o 30 de agosto, a caravana que acompaña ós ciclistas (técnicos, entrenadores, prensa, directivos, etc.) ocupará 1.200 prazas hoteleiras perante catro noites. Louzán destacou a importante repercusión que o evento deportivo terá tanto no sector da Hostelería como en promoción e difusión das Rías Baixas. As distintas etapas serán difundidas en 140 países a través de 2 horas de retransmisión en directo por televisión, a propia caravana portará o logotipo das Rías Baixas e no acto de presentación da Volta a España, o vindeiro 11 de xaneiro en Pamplona, estará tamén presente o logo das Rías Baixas.

O presidente da Deputación confía en que o acontecemento deportivo sexa un importante reclamo turístico para a provincia e que incremente a ocupación hoteleira en dúas semanas máis.Louzán indicou que a Deputación asumirá a financiación do evento en colaboración cos concellos na parte da intendencia presica. Según dixo, este acordo da Deputación con Unipublic non será un gasto senón unha inversión tendo en conta a súa repercusión nun sector estratéxico da provincia, o turismo, que hoxe ocupa o 7º lugar en España no ranking de destiños turísticos.Pontevedra, 7 de decembro de 2011. Gabinete de Comunicación

Escribir un comentario