hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Comeza o prazo de retirada de dorsais para a carreira popular San Silvestre

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
GetAttachment21 As inscricións para  28ª edición da carreira popular de San Silvestre xa están abertas dende hai algúns días na web da Sociedade Ximnástica, pero este luns comezou tamén o prazo para a retirada dos dorsais.

Tanto as inscricións como a retirada de dorsal poden facerse presencialmente dende hoxe nas oficinas de ibercaja (rúa de Riestra), de 10 a 13 horas ata o próximo día 28. Os días 29 e 30, na Casa do Turista, de 10 a 13 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Finalmente, os dorsais estarán dispoñibles na zona de Saída para os rezagados de última hora

A Concellería de Deportes lembra a obriga de inscribirse e correr con dorsal. Hai un seguro que só cubrirá aos participantes que cumpran con este requisito.

Lémbrase tamén a recomendación de achegar un produto alimenticio non perecedoiro. Debe entregarse na propia liña de Saída o mesmo día da carreira.

Como sempre, na San Silvestre haberá premios para os tres primeiros clasificados masculino e feminino, co habitual lacón para os gañadores. Celebrarase tamén un sorteo entre os participantes. Finalmente, haberá agasallos para todos os que finalicen. A proba, organizada conxuntamente pola Ximnástica e o Instituto Municipal de Deportes, conta por primeira vez co patrocinio de iberCaja, ao tempo que continúa o habitual apoio de Froiz, Coca-Cola e Cruz Vermella.

 

Escribir un comentario