Agustín Fernández considera que o nivel deportivo estivo alto, pero sobre todo destaca a calidade da organización, cunha implicación moi elevada por parte de todos e cun gran número de voluntarios facendo un labor encomiable.
Por todo elo, o responsable da política deportiva municipal está empeñado en dar a o taekwondo pontevedrés o protagonismo que merece na planificación do Concello. A primeira consecuencia vai ser que o ano próximo o torneo pasará a celebrarse no Pavillón Municipal dos Deportes. Este ano resultou imposible, porque xa estaban comprometidas as datas para outras competicións deportivas, pero o edil anticipa que en 2012 o taekwondo será prioritario, porque así o merece, durante a última fin de semana de outubro. Non hai moitos deportes que podan garantir esta asistencia de público, explicou.
Fernández está convencido de que facendo un pouco máis de esforzo entre todos pode conseguirse unha repercusión moi importante para a décimo quinta edición. Estase xa a traballar nun proxecto ambicioso que, inclúe, a maiores, a creación dun calendario anual desta disciplina. Mesmo podería celebrarse outro evento cara a primavera.
Finalmente, o concelleiro quere agradecer a colaboración de todas as persoas e entidades que fixeron posible o éxito deste campionato, e moi especialmente, ao equipo da dirección da Cidade Infantil Príncipe Felipe, que estivo completamente involucrado para que todo saíra á perfección.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















