hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Finaliza o 'III Campus de Fútbol de Verán' do Concello de Tomiño e Fundación Celta

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

IMG_5297

O III Campus de Fútbol de Verán organizado pola Concellaría de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño e a Fundación Celta de Vigo finalizou cun acto de clausura na que estiveron presentes, a parte dos cativos, familiares, autoridades, membros do Tomiño e Goián FC e numeroso público.

Todos os participantes dábanse cita no campo de fútbol da carballa, onde os diferentes equipos que se constituíron no desenvolvemento deste campus xogaron os partidos finais. A continuación membros da corporación e da directiva da Asociación Deportiva Tomiño Alevin e Infantil entregaron a cada participante medallas, diplomas e diversos agasallos.

O acto rematou coa foto final de grupo como recordo deste campus que, unha vez máis, reuniu a un importante número de nenos e nenas do municipio así como de comarcas veciñas.

IMG_4768 IMG_51791

Fernando Álvarez, concelleiro de Deportes e Lecer, salientou que seguirá traballando para que iniciativas deportivas como esta, se leven a cabo. Lembrou neste sentido, que no que vai de ano, numerosas foron as actividades organizadas por esta concellería (Triatlo da Amizade, Escola de Verán de Tenis, Xornadas de Xogos Tradicionais, etc.) ademais de colaborar con diversas entidades deportivas no desenvolvemento de numerosos eventos como campionatos de futbito, slálom, gimkanas, voltas ciclistas e competicións de regatas, entre outras.

IMG_4858

Por outra banda, o concelleiro de deportes aposta por seguir traballando para construír novos e mellores espazos deportivos e de lecer dentro do concello, promovendo a creación de areas deportivas, entre as que cabe mencionar o proxecto do espazo deportivo que se vai a levar a cabo en breve, na parroquia de Sobrada, no entorno do antigo campo de fútbol, coa construción de varias pistas polideportivas; ou tamén, a ampliación da área deportiva que actualmente ocupan as pistas de tenis, en Mosteiro, coa creación de dúas pistas de padel e unha segunda de tenis.

Fernando Álvarez animou a todos os nenos e nenas a participar activamente nos clubs de fútbol, que basicamente se agrupan na Asociación Deportiva Tomiño Alevin e Infantil e no Club de Fútbol de Goián.

 

Escribir un comentario