Este recoñecemento outórgase pola Asociación Internacional de Escritores e Xornalistas de Viaxes de Golf, International Golf Travel Writers Association, a través dos votos de 159 xornalistas especializados de l33 países de todo o mundo. Xunto a Galicia, estaban nominadas Bulgaria, (gañadora da final), Islandia, o estado norteamericano de Mississipi, Colombia e India.
Os criterios de selección para a concesión deste premio baséanse na extensión do destino emerxente, as cualidades que fan deste un destino interesante para a práctica do golf, o atractivo da zona e os seus campos, a calidade e accesibilidade dos campos de golf, a calidade dos aloxamentos turísticos, a empatía dos seus profesionais, a relación calidade-prezo, a axilidade do xogo nos campos de golf e o clima rexional.
Plan de Acción do Turismo de Golf 2010-2013
A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo desenvolve desde o ano pasado o Plan de Acción do Turismo de Golf 2010-2013 que inclúe varios programas de difusión e comercialización da oferta turística galega neste ámbito.
Así, este ano celebrouse, entre os meses de maio e setembro, o I Circuíto Sénior de Golf, organizado por Turgalicia, e que nesta primeira edición congregou a máis de 350 golfistas de toda España.
Doutra banda, tamén en setembro, a Consellería de Cultura e Turismo, por medio de Turgalicia, organizou unha viaxe de prospección do mercado galego para 30 operadores turísticos internacionais que puideron comprobar in situ as posibilidades da Comunidade galega para a práctica deste deporte tan vinculado á actividade turística.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
Para todas las personas interesadas en el Golf en Galicia, decirles que en la web de Turgalicia pueden encontrar información sobre los campos de golf que existen en nuestra comunidad. En el apartado “Qué hacer” – “Actividades y deportes” – “Campos de golf”. Así mismo también pueden descargar del apartado de “Descargas” un mapa de los campos y un folleto con toda la información.
Minia Turgalicia
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.