A organización prevé catro saídas dende o pontón de piragüismo, a carón da ponte das tirantes:
A proba popular sairá ás 10 horas, cun percorrido de 300 metros a nado, 10 Km en bicicleta e dous Km de carreira a pé.
A feminina sairá unha hora despois coas mesmas distancias. Os federados da proba masculina A partirán a partir das 11.10 horas con 750 metros de natación, 20 Km en bicicleta e 5 Km de carreira.
Finalmente, as probas masculinas B, con tempos de corte partirán ás 12.30 horas. Calcúlase que o remate do evento deportivo será sobre as 13.40 horas.
O circuíto para bicicleta e carreira a pé está integrado pola avenida de Bos Aires, ponte das tirantes, a avenida de Bos Aires e toda a fronte fluvial ata a praia. Estas zonas son, por tanto, os mellores lugares para presenciar a proba.
Por outra banda, hai que destacar a presenza en Pontevedra de destacados deportistas, entre os que figuran Marta Jiménez, Bárbara Pena, David Castro, Miguel Acosta, Andrés López, Brais Canosa, Roberto Barral, Diego Paz, Antón Ruanova, Nicolás Domínguez, Paula Dapena, Manuel Cruces e o equipo junior do Galaico.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















