hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Noya e Brownlee competirán en Pontevedra polo título europeo

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

DSC_0310 Pontevedra xa vive as horas previas ó Campionato de Europa de Tríatlon. O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este xoves pola tarde unha rolda de prensa con catro dos grandes protagonistas das probas elite tanto en categoría masculina como feminina. Entre eles estaban o local Javier Gómez Noya e o británico Alistair Brownlee, máximos favoritos para a proba élite masculina do sábado. Xunto a eles estiveron a guipuzcuana Ainhoa Murúa e a francesa Emmie Charayron.

DSC_0280 DSC_0288
DSC_0313 DSC_0318

Gómez Noya competirá novamente na cidade onde reside e entrena, anteriormente como Copa de Europa, e durante a semana xa recibiu o apoio dos seus veciños. “Veña, hai que gañar” é a frase máis repetida. Para facelo, o ferrolán terá que superar ó actual dono do título, Alistair Brownlee, que confesou estar “contento por estar por primeira vez en Pontevedra”. Para o inglés “foi unha sorpresa facer tan boa carreira a semana pasada en Austria. Vou intentar gañar aquí tamén”.

Para conseguir o seu terceiro título continental, o galego non só terá enfronte a Alistair Brownlee, aínda que Gómez Noya cre que “é o máximo favorito”. “Jonathan –o pequeno dos irmáns Brownlee- está a un nivel altísimo, e Joao Silva, o equipo francés con Hauss… non han faltar rivais”.

Pola banda feminina, Ainhoa Murúa apuntou que “desde o momento no que te colocas no pontón, tes posibilidades de estar no podio e eu creo que as teño”. Para a guipuscoana as favoritas son as francesas Emmie Charayron e Carole Peon, ademais da danesa Frederiksen. A campioa do mundo junior e campioa de Europa junior e U23, Emmie Charayron, non pensa en ser favorita aínda que agarda “estar no podio porque estou contenta co resultado de Madrid” –a francesa foi bronce na proba das Series Mundiais-.
Elas serán as primeiras en saltar á auga do Lérez. A competición feminina dará comezo o sábado ás 12.30 horas. Mentres, o título masculino decidirase a partir das 19.00 horas.

Ceremonia de inauguración do Campionato de Europa de Triatlón

A Praza de España acolleu este xoves o acto inaugural do Campionato de Europa de Triatlón, que reuniu a centos de pontevedreses. O grupo de animación Troula, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño e o rapeiro Leo Kch foron os encargados de animar a velada.

_AA47255b

Este venres, Campionato Universitario e carreiras júnior

Aínda que non será ata o sábado cando comecen as pruebas principais do Campionato de Europa de Triatlón, este venres daráse o pistoletazo de salida cos Campionatos de España Universitario masculino e feminino e as carreiras júnior muller e home. Na foto que amosamos a continuación, posan os catro reprensentates galegos da competición júnior de hoxe venres.

JUNIOR_1

Escribir un comentario