Na reunión tamén estiveron presentes o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Francisco Villanueva, o deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e o xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico.
O principal motivo desta reunión era pechar o capítulo económico de colaboración por parte das institucións patrocinadoras. “Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Pontevedra asumirán o 95% do financiamento total”, manifestou o presidente provincial; o que significa “un investimento superior ó medio millón de euros”, apostilou Lores. Pola súa banda, Villanueva aproveitou para confirmar que “dentro desto Campionato de Europa terá lugar tamén o Campionato de España Universitario desta modalidade”.
A maiores, Louzán fixo fincapé nos múltiples beneficios que reportará que este evento deportivo, “xa que non só é un fermoso espectáculo deportivo se non que vai actuar como un revulsivo para economía da provincia”. Isto é así por que esta actividade traerá á cidade preto de 40.000 persoas que durmirán, comerán e visitarán Pontevedra. Neste sentido “as inversións que as tres administración estamos a facer, teñen unha alta rendibilidade de retorno, porque o noso esforzo vaise ver sobradamente compensado con beneficios no eido da hostalería, restauración, turismo, etc.”, remarcou o cabeza da institución provincial.
Este evento deportivo congregará a máis de 2.000 triatletas que competirán nas categorías: júnior feminina e masculina, elite masculina e feminina, paratríatlon e relevos júnior e elite. En canto ó percorrido, se adiantou que a competición comeza na ponte dos Tirantes sobre o río Lérez e remata no Estadio de Atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva “se ben a semana próxima ofreceremos outra rolda de prensa para dar todos os detalles”, manifestou Francisco Villanueva. O que si se confirmou foi a realización dunha maratón popular para que todo o mundo sexa partícipe do evento, no que Louzán asegurou que vai participar.


Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















