hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Campionato Galego de Squash por equipos chega esta fin de semana a Pontevedra

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

A-Squash-Tournament-06 O squash galego vive un momento doce. Con equipos que xa están na elite deste deporte a nivel nacional e con xogadores que encabezan o ranking español, non é de estrañar o crecemento no número de fichas. Todo elo explica o record de participación que vai rexistrar o Campionato Galego por equipos que se celebra esta fin de semana en Pontevedra, nas instalacións de Ponte Muíños.

A competición conta nestes momentos, a poucas horas do peche do prazo, con 17 equipos inscritos (7 deles femininos), superando amplamente as cifras do Campionato Galego do ano pasado, cando só contaron con oito. O dato xurdiu durante a presentación oficial, celebrada hoxe no Concello baixo a presidencia do concelleiro de Deportes, Agustín Fernández. Participaron tamén o vicepresidente do Squash Pontevedra, Dámaso Quintana, e o director deportivo, Miguel Novegil.

O Campionato celebrarase durante as xornadas do venres e o sábado, en horario de 9 a 21 horas. O sábado, a partir das 20 horas disputaranse as finais e, a continuación, as entregas de premios aos  gañadores. Neses dous días haberá máis dun cento de partidos, dado que cada equipo está composto por seis xogadores e os cruces consisten en catro partidos.

Agustín Fernández destacou a importancia que está a alcanzar o squash en Galicia e tamén en Pontevedra. Boa proba son os 125 xogadores cos que conta o equipo pontevedrés, dos que uns 50 son menores de 16 anos. Engadiu que este é o camiño correcto. A promoción da base e a organización de eventos que referencien a Pontevedra como capital deportiva de Galicia, advertiu, son os elementos que o Concello vai ter moi en conta á hora de apoiar aos clubs. Neste sentido, destacou que o Squash Pontevedra xa organizou seis eventos no que vai de ano e tamén acadou varios éxitos individuais en categorías inferiores.

Dámaso Quintana recalcou que o Campionato Galego por equipos vai supoñer o desprazamento dun importante volume de xente a Pontevedra, dado que aos 150 xogadores sumaranse adestradores, acompañantes e familiares. Na súa opinión, a calidade das instalacións de Ponte Muíños, con catro canchas, foi tamén determinante para o éxito desta convocatoria. Estamos, engadiu, diante das mellores pistas de Galicia e, probablemente, dunhas das mellores de España.

Escribir un comentario