hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello coordina coas parroquias as celebracións do Campionato de Europa de Triatlón e do Corpus

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

DSC-0209_550x385_4f35c68f2212d0fefcbe6b619da74d8a O Concello de Pontevedra mantivo contactos esta semana coa Parroquia de Santa María para coordinar a celebración do Campionato de Europa de Triatlón, previsto para os próximos 23, 24, 25 e 26 de xuño e a tradicional procesión do Corpus Cristhi, que se celebrará o vindeiro 26 de xuño.

O Intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle e o director xeral de Deportes, Jaime Agullón, mantiveron contactos co párroco de Santa María …  para coordinar a celebración dos dous eventos xa que existen coincidencias horarias e de parte do percorrido. En concreto, as coincidencias serían entre as 12.30 e as 13.00 horas na rúa Soportales e tamén na rúa Sarmiento, no ámbito da igrexa de San Bartolomé.

O párroco de Santa María quedou de tratar o asunto co resto de párrocos que participan no Corpus pontevedrés, pero a colaboración e boa disposición da parroquia foi absoluta. De feito, os técnicos que participan en ambos eventos garantiron que non haberá problemas á hora de coordenar espazos e horarios, de tal xeito a proba dos grupos de idade olímpico (na que participarán arredor de 500 persoas) que se disputa a esa hora non interferirá na procesión do Corpus, nin a inversa.

 

Escribir un comentario