Deste xeito, o Concello declara por escrito que a Fundación VIDE conta actualmente cos 170.000 euros que precisa o Octavio para xogar na Liga Asobal, en concepto de cota de participación, cartos procedentes da cooperación de empresas e entidades privadas da cidade.
O alcalde vigués explicou que, tan pronto coñeceu a necesidade do Pilotes, fixo un chamamento ao sector privado de Vigo para acadar a súa cooperación e, tras agradecer o compromiso destas co deporte, sinalou que "o mecanismo funcionou". Esta fórmula xa foi empregada polo Concello para colaborar co Real Club Celta de Vigo na campaña promocional "Visita Vigo".
Abel Caballero recordou a importancia que ten para Vigo contar cun equipo na máxima categoría do balonmán español pola proxección da cidade no exterior, e subliñou o traballo do equipo directivo do Octavio, co seu presidente á cabeza, na consecución dos seus obxectivos deportivos.
Pola súa banda, Javier Rodríguez agradeceu "os catro anos de sensibilidade e cariño" do alcalde co deporte en xeral e co balonmán en particular, e agradeceu a "aposta" de Caballero polo club. "O día de hoxe é histórico para o deporte vigués", enfatizou, pois tras anos solicitándoo, o Concello involúcrase directamente na actividade deportiva de Vigo a través de empresas colaboradoras: "é a primeira vez que un alcalde de Vigo ponse ao fronte do deporte vigués".
Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















