Aclaran que grazas aos medios de comunicación, o papel do fisioterapeuta no deporte é cada vez máis coñecido pola sociedade en xeral. Aínda así, consideran moi necesaria a promoción da profesión, extendendo a súa presenza a outros campos nos que a súa práctica é fundamental. “Unha parte importante da cidadanía aínda pensa que a fisioterapia se reduce ás masaxes ou ao coidado e recuperación das persoas maiores ou con algún tipo de disfunción”, sinala o alumnado. Engade que a súa función nas diferentes etapas de recuperación dunha lesión deportiva é imprescindible, “sen esquecerse dos beneficios da fisioterapia para prever futuras eivas físicas”.
Un torneo nocturno
Para non entorpecer o horario das clases, o torneo botará a andar ás 20.00 horas e xogarase ininterrompidamente ata as 9.00 horas do día seguinte. Partiparán un total de 16 equipos, cada un cun mínimo de cinco xogadores. En primeiro lugar deseñaron unha fase de grupos de catro equipos cada un, “na que se enfrontarán todos contra todos”. Desta primeira fase clasificaranse os dous primeiros equipos de cada grupo, que disputarán os cuartos de final “e a partir de aí, sairán os semifinalistas, os finalistas, o 3º e 4º posto e o gañador”. Haberá premio en metálico para os mellores tres equipos participantes, recibindo o primeiro clasificado 200 euros, o segundo 70 euros e o terceiro 35 euros.Todos os interesados en participar no Fisiotorneo poderán inscribirse ata o 10 de novembro de 2011, ben na delegación de alumnos da Facultade de Fisioterapia, ben no correo electrónico Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla Este enderezo de correo ou no teléfono 687002426, cun custe de 35 euros.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















