hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Pontevedra acolle esta fin de semana o seu XIV Campionato Internacional de taekwondo

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
20111025021049_taekwondo-presentaci-n-25-10-11
Pontevedra volve ser a referencia do taekwondo peninsular durante a última semana de outubro. Chega o XIV Campionato Internacional “Cidade de Pontevedra”, organizado polo club MaceSport co apoio do Concello de Pontevedra, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. O torneo foi presentado hoxe nun acto celebrado na Casa do Concello.

Agustín Fernández, concelleiro de Deportes, destacou que unhas 1.300 persoas (delas uns 800 deportistas) se  achegan á cidade atraídas por este evento deportivo. O taekwondo, destacou, é un deporte central para Pontevedra e forma parte das prioridades da política deportiva municipal. Tanto é así que este campionato, como outras actividades que podan xurdir, serán incorporados ao calendario anual de eventos no que a Concellería está a traballar.

Na presentación, á que asistiron Ana Isabel Vázquez, deputada provincial; Daniel Benavides, xefe do servizo de Deportes da Xunta; Merce Barrientos, presidenta da federación galega de taekwondo e Miguel Cortegoso, director do MaceSport, proxectouse o vídeo promocional do campionato.

Daniel Benavides destacou que un terzo das persoas inscritas son mulleres, o que demostra o compromiso da federación galega e do club na promoción do deporte feminino. Ana Isabel Vázquez lembrou o apoio da Deputación a esta disciplina deportiva (o campionato celébrase no Pabillón da cidade infantil Príncipe Felipe), así como a colaboración no aloxamento de deportistas.

Merce Barrientos dixo estar moi feliz coa colaboración de todas as institucións e destacou que as cousas sempre se fan con máis alegría cando todo o mundo se pon de acordo. Lembrou os tempos nos que xunto con Miguel Cortegoso comezou a traballar pola promoción do taekwondo en Galicia, un deporte que a día de hoxe involucra a 5.000 familias galegas, 3.000 delas na provincia de Pontevedra. Explicou que hai algún tempo soñaban con participar nun campionato de España, logo Miguel empeñouse en ter o seu propio club e a continuación no nacemento dun torneo internacional na súa cidade. Hoxe, o evento está tan consolidado que mesmo pode dar un novo salto cualitativo, reforzando a súa proxección internacional, en próximas edicións.

Miguel Cortegoso deu as gracias a todos os asistentes á presentación oficial e felicitouse polo feito de que o Campionato Cidade de Pontevedra teña tamén servido, entre outras cousas, para crear unha base que vén traballando duro e apunta moi alto.

O torneo dará comezo o sábado, de 9 a 14 horas, coa competición de pumses (movementos de defensa e ataque con rivais imaxinarios). Participan uns 400 deportistas. Ás 16 horas celébrase un acto de presentación no propio pavillón, con presencia das autoridades, para dar a benvida a público e participantes. O domingo, de 9 a 14 horas e de16 a 20 horas celébranse as distintas competicións de combate.

En total están inscritos 42 clubs de Galicia, Madrid, Baleares, Valladolid, Canarias, Asturias, Euskadi e Portugal.

 

Escribir un comentario