hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Pontevedra acollerá en xaneiro un torneo de tenis junior do circuito ITF

Deportes

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

DSC_0006 Pontevedra comezará o ano como referencia do tenis internacional. As instalacións do Casino Mercantil e Industrial acollerán o Primeiro Torneo ITF Junior de Tenis entre o 1 e o 8 de xaneiro.

As principais figuras mundiais deste deporte, de entre 15 e 18 anos, pasarán unha semana na cidade xerando un total de 600 pernoctacións nos hoteis da cidade e un movemento económico estimado nuns 200.000 euros.

O torneo foi presentado este luns no Concello nun acto presidido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández. Polo Mercantil asistiron o seu presidente, Roberto Vega, así como os vicepresidentes Vicente Peña e Ernesto Filgueira.

Pontevedra pasa así a formar parte do grupo de cinco cidades españolas con torneo ITF. Dáse ademais a circunstancia de que ao día seguinte do remate do torneo pontevedrés comezará o de Sanxenxo, polo que os mellores xogadores junior do circuíto estarán na provincia durante unha quincena completa.

O Casino Mercantil e Industrial conta con 12 pistas de tenis (7 ao aire libre e cinco cubertas) e, con iniciativas como esta e o apoio da Concellería de Deportes, pretende tirar o máximo partido dunhas instalacións magníficas, pero un tanto desaproveitadas. A día de hoxe hai 97 homes e 67 mulleres preinscritos e, como se destacou durante a presentación, chegarán acompañados dos seus equipos de adestradores e familiares.

Todo elo xustifica o cálculo mínimo dunhas 600 pernoctacións nos hoteis na cidade durante a competición. De feito, o Mercantil e a Concellería de Deportes chegaron a barallar a posibilidade de organizar un torneo profesional feminino da WTA, pero desbotaron a idea porque comprobouse que o torneo junior supón un maior impacto económico.

O alcalde subliñou que o torneo ITF encaixa perfectamente dentro dos criterios que segue o Concello á hora de apoiar eventos deportivos, xa que serve para xerar movemento económico e para desestacionalizar o turismo. Ademais, destacou, os mellores xogadores junior de Galicia adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, polo que terán unha magnífica oportunidade de competir ao máximo nivel.

Fernández Lores felicitou expresamente ao concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e á directiva do Mercantil por facer posible que este importante evento veña para Pontevedra.O concelleiro de Deportes lembrou que a conquista da quinta Copa Davis por parte do equipo español esta mesma fin de semana converte o tenis nun deporte referente para todos/as e destacou que os afeccionados locais teñen agora unha oportunidade para ver aos mellores xogadores xuvenís do mundo.

A Concellería de Deportes, recalcou Agustín Fernández, traballa sempre en clave económica e tivo moi en conta que o mes de xaneiro adoita ser frouxo en canto á ocupación hoteleira, polo que non o dubidou cando apareceu esta posibilidade. Finalmente, desexou que, entre todos, sexamos quen de consolidar o torneo junior pontevedrés.O circuíto ITF (equivalente ao ATP ou WTA a nivel profesional) está dirixido a xogadores junior. Naceu na década dos 70 como paso previo ao profesionalismo. Os seus torneos cualifícanse coa etiqueta de Grand Slam (Wimbledon, Opens USA e Australia e Rolland Garros) e o resto en seis categorías dende a 1 (a máis alta) á 5 á máis baixa.

Pontevedra incorpórase xa no nivel 3, o que supuxo unha grata sorpresa.Os días 1 e 2 comezarán os partidos individuais da fase previa masculina e feminina. A partir do día 3, 32 mozas e 32 mozos xogarán as fases finais dende oitavos. O domingo, día 8 poderansever as finais individuais. Nas fases finais do día 3, 28 xogadores e outras tantas xogadoras incorporaranse directamente por ranking ITF, ademais de tres participantes designados polos organizadores como “wild card”.A competición de dobres comezará a disputarse dende oitavos de finais e as finais serán o sábado.

Escribir un comentario