O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu ás ximnastas do Club Ximnasia de Pontevedra que acadaron o sétimo posto no Mundial de Ximnasia Acrobática, na modalidade de trio femenino senior (absoluto). Trátase de Carolina Gómez Fariñas, de 15 anos; Noelia Acuña Ferreira, de 22 e Sara García Couñago, de 22 anos. Tanto Noelia coma Sara compatibilizan os seus estudos na universidade co adestramento de ximnasia. Noelia estudia a Licenciatura en CC. Actividade Física e Deporte, e Sara, Diplomatura en Educación Física.
Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















