A primeira edición da carreira popular 'Correndo por Vigo' discorrerá este domingo, ás 11:00 horas, por Travesía de Vigo, Jenaro de la Fuente e rúa Aragón.
Dende a organización, Paula Román e Carlos Román incidiron no desexo de que a inscrición feminina, que cifran "nun 10 ou 15 por cento para este domingo", creza en vindeiras edicións porque as mulleres aos poucos participan máis", dixo Paula Román, e destacaron a presenza na proba do tres veces olímpico Alejandro Gómez, e doutro clásico como Elías Domínguez; ademais, acode o atleta catalán Jaume Leiva, que quere mínima olímpica para maratón e acaba de gañar a San Silvestre de Barcelona.
A inscrición, vía internet (www.championchipnorte.com) está aberta ata as 23 horas deste mércores (por un prezo de 5 euros) e os participantes poderán retirar o seu dorsal e o seu chip no Centro Comercial Travesía o sábado (de 17 a 20 horas) ou o mesmo domingo (de 9:30 a 10:30), recibindo ademais unha camiseta técnica como recordo. Á hora de ter lugar a rolda de prensa xa había 250 inscritos e inscritas.
Escribir un comentario