A programación da barraca para estes días é a seguinte:
- Día 22. Ás 12.00, 17.00 e ás 19.00 horas. O horroroso crime de Xan Miñoca, monicreques de luva.
- Día 23. Ás 12.00, 17.00 e ás 19.00 horas. O galo Quirico e os seus amigos, monicreques e música.
- Día 24. Ás 12.00, 17.00 e ás 19.00 horas. Varietés. Monicreques de fío.
- Día 25. Ás 11.30, 13.00, 17.00 e ás 19.00 horas. Cando chove e raia o sol… monicreques de fío.
A partir de hoxe a programación do Lecer no Nadal tamén chega ao rural pontevedrés.
Xoves, 22 de decembro:
- Ás 11.00 (ata 13.30) horas no Mosteiro de San Bieito de Lérez. Obradoiro de cociña para nenos de máis de 7 anos. Este obradoiro comeza mañá e concluirá o vindeiro 4 de xaneiro.
- Ás 19.00 horas. Polas rúas e prazas do centro histórico. Cantos de Nadal a cargo dos grupos Maravallada, Trepia e Retrouso de Cela. A saída será da Peregrina.
- Ás 21.00 horas. Auditorio. Concerto da Orquestra de Cámara Lira. Entrada libre.
Venres, 23 de decembro:
- Ás 10.00 horas. Centro Cultural de Monte Porreiro. Maxireciclaxe por Pedro Volta.
- Ás 11.30 horas. Rúas e prazas do centro histórico. Papá Noel e os seus acompañantes.
- Ás 16.30 horas. Recinto Feiral. Apertura de Nadal Ocio. Aberto ata o 8 de xaneiro (pechado o 5 de xaneiro). O parque inclúe gardería, inchábeis, aparatos mecánicos, tirolina, jumper, cicuíto de bicis, e de karts no exterior. Como en anos anteriores, tamén se instalará unha pista de xeo.
- Ás 17.00 horas. Centro Cultural de Santa María de Xeve. Maxireciclaxe Pedro Volta.
- Ás 20.30 horas. Teatro Principal. Concerto de Nadal da Banda de Música de Salcedo.
Sábado, 24 de decembro:
- Ás 16.00 horas. Centro Cultural de Ponte Sampaio. Contacontos ilustrados. Xelo o carteiro xurelo.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















