hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A Cabalgata dos Reis Magos de Pontevedra adiántase ás 18,00 horas e repartirá máis dunha tonelada de caramelos

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

DSC-0002_550x375_6a1c4047ab1be685bd9ac0a3d7c63244 As súas maxestades os Reis Magos de Oriente xa están en Pontevedra. Ás 10,45 da mañá partirán a camelo polo centro histórico acompañados de todo o seu séquito para levar parte dos agasallos dos nenos de Pontevedra. Percorrerán as rúas Michelena, Peregrina, Paseo Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Pedreira, para ir descansar ao Pazo de Mugartegui, (arredor das 11.00 horas) onde recibirán a todos os nenos que queiran falar con eles ata as 14.00 horas.

Tras un pequeno descanso, os Reis Magos collerán as súas carrozas para participar na tradicional Cabalgata de Reis que partirá ás 18.00 horas da rúa Teixoeira para percorrer Doce de Novembro, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena ata a praza de España. Ademais das carrozas reais, a Cabalgata contará con outras tres carrozas nas que irán os paxes dos Reis con todos os agasallos que repartirán esa noite nas casas dos cativos de Pontevedra. 

nyyy

Neste percorrido as súas maxestades agasallarán a nenos e maiores con 1.000 kilos de doces, aptos para celíacos. O número de carrozas será de 21 (seis dos Reis Magos e quince de música e animación).

É o primeiro ano que o Reis Magos de Oriente adiantan a súa visita á cidade. Realizar a recepción oficial pola mañá e adiantar unha hora a saída da Cabalgata de Reis reportará avantaxes para a cidade. Os nenos poderán recollerse antes á espera das súas maxestades, e os propios Reis poderán facer as súas últimas compras no comercio local, xa que está previsto o remate da Cabalgata ás 19.30 horas e o peche do comercio será unha hora despois, aproximadamente.

Escribir un comentario