A historia remóntase a mediados do século XX en Pontevedra, cando un veciño chamado Dominguiños, coñecedor dunha lenda sobre o Demo e San Bartolomeu (ambos tiñan unha desputa por conseguir máis almas), saía á rúa disfrazado de diaño a véspera de San Bartolomeu, disposto a facer trasnadas.
A xornada comeza ás 12:30 da mañá coa saída do Demo e o seu séquito dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico. Posteriormente, ás 20:00 horas a comitiva do Demo sairá de novo á rúa para seguir cometendo trasnadas e burlas.
A partires das 21:30 horas dará comezo unha gran verbena, a “Foliada do Demo”, cos seguintes grupos de música tradicional: Atalúns, Zurrumalla e Os Chichisos. O primeiro deles é un grupo experimentado con gaitas, acordeóns, percusión e pandereteiras. O segundo grupo, Zurrumalla, nace coa intención de profundizar no estudo da música tradicional galega e pretende facer de cada actuación unha festa popular. Por último, Os Chichisos xorde da unión dun grupo de amigos con inquedanzas musicais, movidos polo seu interese na conservación e difusión da nosa tradición musical.
A concelleira de Festas e o grupo Os Chichisos presentaron a XI Festa do Demo
A XI Festa do Demo foi presentada este luns no Concello xunto con dous integrantes de Os Chichisos, grupo de música tradicional que actuará na Foliada do Demo. A Festa comezará xa a partir das 12:30 horas de mañá e a Foliada celebrarase ás 21:30 horas na Praza da Pedreira.
![]()
“Animamos a todo o mundo a participar”, declarou Carme da Silva. Se o tempo acompaña, a Foliada celebrarase na Praza da Pedreira coma tódolos anos pero en caso de choiva trasladarase aos Soportais.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.