hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

A XII Feira Franca arranca este venres cun importante dispositivo de tráfico e seguridade

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
IMG_1855 O Centro histórico da cidade acolle esta fin de semana a XII Feira Franca. Será o venres e o sábado, como xa é tradición nesta festividade. Esta festividade xenera un gran tránsito de peóns e vehículos que afectará a toda á cidade, especialmente as entradas e saídas.

A Policía Local en coordinación coa Concellaría de Festas e os outros servizos de emerxencia implicados na Feira Franca organizou un dispositivo especial de tráfico e de seguridade co fin de dar os mellores servizos aos cidadáns e paliar, na medida do posible, todos os inconvintes que acarraxa este tipo de evento. A Policía Local traballa coa hipótese da presenza masiva de persoas e vehículos na cidade de Pontevedra, especialmente na xornada do sábado, por iso, a Concellaría de Festas  solicita a colaboración cidadán á vez que  fai un chamamento ao uso dos aparcadoiros disuasorios  (Mollavao, Pavillón de Deportes e esplanada do Recinto Feiral). Ao mesmo tempo,  solicita especialmente aos veciños e veciñas de Pontevedra  que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindible.

O operativo de tráfico supón a restricción de aparcamentos en determinadas rúas e cortes de tráfico,  polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos  espazos afectados.

DESCRIPCIÓN DO ACTO

Evento incluído na da programación cultural de verán do Concello de Pontevedra 2011. Leva aparellado o peche das rúas do centro histórico da cidade e o entorno da Praza de Touros.


DATA

A celebrar os días 2 e 3 de Setembro.


AMBITO TERRITORIAL

O evento realízase exclusivamente no Concello de Pontevedra; en concreto nas rúas da Zona Monumental, Maestranza, Gran Avenida de Montero Ríos, Michelena, Benito Corbal (tramo peonil), Arcebispo Malvar, Peregrina (tramo peonil) e o entorno da Praza de Toros.

RÚAS AFECTADAS POR PECHE

§    Zona Monumental
§    Entorno da Praza de Toros
§    Arcebispo Malvar
§    Galera
§    Michelena
§    Benito Corbal (tramo peonil)
§    Rúa Peregrina, (tramo peonil)
§    Rúa Maestranza


PREVISIÓNS DE MONTAXE E DESMONTAXE DE INSTALACIÓNS

A montaxe nas prazas e rúas da Zona Monumental, poderase realizar o venres día 2 dende as 15 ata as 19 horas e o sábado día 3 dende as 6 ata as 10 horas.


CIRCULACIÓN DE VEHICULOS

1.    Vías pechadas ao tráfico:

§    Prohíbese a circulación de vehículos nas rúas da Zona Monumental a partires do sábado día 3 as 10 horas.
§    Arcebispo Malvar
§    Galera
§    Benito Corbal (tramo peonil)
§    Rúa Peregrina, (tramo peonil)
§    Rúa Michelena
§    Dende as 16 horas do día 3 de setembro se pechara a circulación de vehículos as rúas do entorno da Praza de Toros, por mor da celebración dun espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectara as rúas Víctor S. Arnesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e rúa Canaval.

2.    Puntos de corte

No traslado do viño realizarase un corte puntual na intersección das rúas Santa Clara con Cobian Roffinac e na intersección das rúas Santa Clara con Perfecto Feijoo. A rúa Santa Clara na actividade de traslado do viño cara a Zona Monumental. Aproximadamente sobre as 11:30 do sábado 3 de setembro.

ESTACIONAMENTOS

Dende as 22 horas do venres día 2, prohíbese estacionar na rúa Santa Clara no tramo entre o Convento ata a rúa Cobian Roffignac, co gallo do transporte do viño.

Entorno da Praza de Toros, prohíbese o estacionar dende o venres día 2 as 07 horas na  rúa Nostradamus, e Canaval e  a partir das 08 h. do sábado 3..Víctor Saez Armesto, rúa Canaval, e o perímetro da Praza de Toros.


EVENTOS FEIRA FRANCA 2011

Neste apartado indícanse os eventos que se van a levar a cabo na cidade dentro do programa da Feira Franca 2011, que poden condicionar a circulación en determinados puntos da cidade.

Estes actos que conlevan unha masiva afluencia de publico a puntos moi concretos, provocan unha entrada escalonada dentro duns parámetros de tempo de entre 30 e 60 minutos, e nun radio de acción que engloba os aparcadoiros públicos máis próximos, aparcadoiros disuasorios, e zonas de estacionamento perimetrais.

A saída é máis puntual o que pode dar lugar a complicacións circulatorias en determinados puntos.

O espectáculo que pode encontrarse nesta situación e o seguinte:


§    Espectáculo Medieval

Celebrarase na Praza de Touros de Pontevedra o día 3 do mes de setembro. A saída concentrada dos asistentes compromete a circulación por Paseo de Colón, rúa san Roque e Avda. Raíña Vitoria, polo paso continuo  de peóns, o que pode provocar desvío do tráfico procedente de Paseo Colón por Monteleón e peche ao tráfico das rúas: San Roque e  Raiña Vitoria.


PLAN DE SEGURIDADE

O plan de seguridade estará activo dende as 11 horas do sábado ata as 03:00 horas do domingo 4 de setembro.

A partir das 11 h, un equipo conxunto formado por representantes da Concellaría de Festas, da Policía Local e dos Bombeiros inspeccionará os postos (comidas, mercado, hostalería) co fin de comprobar que se adaptan as normas establecidas pola organización, entre outros:

·    O combustible autorizado para o uso das parrillas só é carbón
·    Extintores, preto das parrillas
·    Podránse instalar só os postos autorizados.
·    Comprobarán que os postos autorizados só ocupen o espazo que se lles teña asignado (ubicación e metros), especialmente importante nas vías de penetración e evacuación.
Se algún dos postos autorizados non cumprira estas esixencias levantaríase, ao igual que todos aqueles que non estean autorizados e rexistrados pola organización.

Durante a celebración da Feira Franca permanecerán habilitados os seguintes puntos de emerxencia:

·    Posto avanzado médico no Teatro Principal
·    Tres ambulancias  
o    Valentín García Escudero
o    Bastida/ Michelena.
o    Alameda.
·    Protección Civil:
o    Praza Ourense.
·    Bombeiros:
o    Praza España
o    Valentín García Escudero.
·    En  distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca, e estratexicamente colocados, haberá unha seríe batería de extintores.


VÍAS DE PENETRACIÓN E EVACUACIÓN

Co fin de garantir ao máximo as prestacións dos servizos de urxencia establecese como vías principais de evacuación e penetracións as seguintes rúas:


Real – Sarmiento – Isabel II – C. Enriquez – F. Villaverde – Michelena

Escribir un comentario