Deste modo, facendo uso da rede de aulas CeMIT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) distribuídas por todas as comarcas de Galicia, aproveitanse estas datas para brindar aos nenos de diversas localidades a oportunidade de manter unha videoconferencia con Papá Noel na que poderán pedirlle os seus regalos.
Así, escolares de Educación Infantil de Celanova, A Estrada, Pontedeume e Vilagarcía foron hoxe os primeiros en recibir esta esperada visita. Foi por medio de videoconferencia e a comunicación en tempo real uniu Laponia, terra natal de Papá Noel, coa rede de aulas de comunicación multimedia dispersa pola xeografía galega. Este intercambio de mensaxes comezou hoxe luns, a razón de media hora en cada aula, aínda que non será a única aparición do dono dos renos mais famoso do mundo.
Por toda Galicia
Ademais destas localidades, Papá Noel visitará outros centros da rede galega que ten en marcha a Xunta de Galicia. En virtude desta experiencia, os nenos e nenas de Vimianzo, O Barco, Betanzos, Ourense, A Cañiza, Verín, Fisterra, Muros, Fonsagrada, Ponteareas, Ferrol, Foz, Brión, Barreiros, Abegondo, Oroso, Ortigueira, Negreira, Quiroga y Marín tamén poderán realizar as súas peticións navideñas.
Compre subliñar que, ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro de Educación Especial Miño de Ourense e o Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos.
O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu 5º aniversario e esperta un gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.
Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen, acurtando distancias e facendo posible a interactuación entre diversas localidades nun mesmo proxecto común.
PROGRAMA DE VIDEOCONFERENCIAS PREVISTAS:
|
LUNS, DÍA 12 DE DECEMBRO |
||
|
HORA |
CONCELLO |
COLEXIO |
|
10,30 |
CELANOVA |
CPR Sagrado Corazón (20 nen@s de Educación Infantil) |
|
11,00 |
A ESTRADA |
Colexio Foxo |
|
11,30 |
CELANOVA |
CEIP Curros Enríquez (20 nen@s de Educación Infantil) |
|
12,00 |
PONTEDEUME |
Unitaria de Ombre+Boebre; Atocha (75 alumnos) |
|
12,30 |
VILAGARCÍA |
Colexio Vagalume (50 nen@s) |
|
MARTES, DÍA 13 DE DECEMBRO |
||
|
HORA |
CONCELLO |
COLEXIO |
|
10,30 |
VIMIANZO |
CEIP San Vicenzo |
|
11,00 |
O BARCO |
Colexio Conde Fenosa |
|
11,30 |
VIMIANZO |
CEIP San Vicenzo |
|
12,00 |
BETANZOS |
Escola infantil Cocofantes+Preescolar na casa |
|
12,30 |
OURENSE |
Centro de Educación Especial Miño (12 alumn@s) |
|
13,00 |
BETANZOS |
Centro pai Menni (persoas con discapacidade) |
|
MÉRCORES, DÍA 14 DE DECEMBRO |
||
|
HORA |
CONCELLO |
COLEXIO |
|
10,30 |
A CAÑIZA |
C.P.I. A Cañiza (40 nen@s) |
|
11,00 |
VERÍN |
Colexio Amaro Refojo ( 50 nen@s de 3 anos) |
|
11,30 |
A CAÑIZA |
CEIP Valeixe (37 nen@s) |
|
12,00 |
FISTERRA |
CEIP Arreouta Sardiñeiro+Nosa sra. do Carme+ Mar de Fóra |
|
12,30 |
MUROS |
CEIP de Muros (30 nen@s) |
|
XOVES, DÍA 15 DE DECEMBRO |
||
|
HORA |
CONCELLO |
COLEXIO |
|
10,30 |
A FONSAGRADA |
CEIP Sta. María+Escola Infantil (25 nen@s de 3 a 6 anos) |
|
11,00 |
PONTEAREAS |
CEIP Santiago de Oliveira (37 nen@s de 3 e 4 anos) |
|
11,30 |
FERROL |
CEIP Masdías (37 nen@s de 6 e 7 anos) |
|
12,00 |
PONTEAREAS |
CEIP Santiago de Oliveira (37 nen@s de 5,10 e 13 anos) |
|
12,30 |
FOZ |
C.P.R. Martínez Otero (53 nen@s de 3 a 5 anos) |
|
VENRES, DÍA 16 DE DECEMBRO |
||
|
HORA |
CONCELLO |
COLEXIO |
|
10,30 |
BRIÓN |
C.P.I. Pedrouzos |
|
11,00 |
BARREIROS |
CEIP S. Miguel de Reinante+CEIP San Cosme ( 40 + 15 nen@s) |
|
11,30 |
PONTEDEUME |
Couceiro Freixomil+Andrade (50 nen@s) |
|
12,00 |
ABEGONDO |
CEIP San Marcos (78 nen@s de 4 e 5 anos |
|
12,30 |
OROSO |
|
|
LUNS, DÍA 19 DE DECEMBRO |
||
|
HORA |
CONCELLO |
COLEXIO |
|
10,30 |
ORTIGUEIRA |
C.P.I. José María Lage (75 nen@s) |
|
11,00 |
NEGREIRA |
|
|
11,30 |
QUIROGA |
|
|
12,00 |
MARÍN |
CEIP A Laxe, Calvo Sotelo, Galiña Azul, Virxe do Carme |
|
12,30 |
ORTIGUEIRA |
C.P.I. José María Lage (outros 75 nen@s) |



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















