Entre tanto, ás 19 horas na praza de touros de San Roque, terá lugar a corrida taurina a cargo de Francisco Rivera Ordoñez, "El Cordobés" e "El Fandi". Ademáis, na avenida Raíña Victoria e na Alameda comezarán xa a funcionar este sábado as atraccións.
|
|
|
|
|
|
Xa pola noite, ás 22:30 horas na Praza de España dará comezo un dos eventos máis agardados do día: a actuación de Rosendo. O intérprete de cancións como “Agradecido” ou “Maneras de vivir” presentará o seu último disco “A veces cuesta llegar al estribillo”, e de seguro repasará boa parte dos seus míticos temas. Este cantante, guitarrista e compositor madrileño, influenzado pola música de Rory Gallagher, Jethro Tull e Deep Purple, entre outros, formou parte dos grupos Ñu e Leño. Con máis de 20 álbumes e catro décadas de profesión ás súas espaldas, é considerado un dos maiores representantes do rock español e probablemente estará “Loco por incordiar” na cidade do Lérez.
Para continuar coa festa haberá unha verbena en Montero Ríos coas orquestras Latinos e Ciudad de Pontevedra, que comezará ás 24 horas da noite.
A primeira xornada das Festas da Peregrina finalizará cun broche de ouro. Á medianoite iluminarase o ceo no Peirao das Corvaceiras cun espectáculo de fogos de artificio. A compañía pirotécnica Penide asegura 20 minutos de fantasía visual con arredor de 300 quilos netos de explosivo. O espectáculo pirotécnico estará constituído por fogo fixo e aéreo secuenciados. Este último será moi variado, contando con novidades nas carcasas. E para rematar, unha gran traca final.
Fotografía principal: David Suárez



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.