hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Campamento de Nadal en Vigo para conciliar vida familiar e laboral

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

ndl O Concello de Vigo organiza este Nadal un campamento para conciliar vida familiar e laboral dos pais e mellorar as destrezas dos mais pequenos da casa. O departamento municipal de Xuventude xa ten aberto o prazo de inscrición para participar nesta iniciativa para nenos de 3 a 12 anos empadronados na cidade olívica.

 

O campamento terá lugar no Museo Casa das Palabras, en Samil, os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 2, 3, 4, 5 de xaneiro con fin de conciliar a vida laboral e familiar, traballando a interculturalidade cos nenos e nenas, a través das tradicións de Nadal en diferentes países do mundo.
O custe total son 45 euros e o horario do campamento será de 7,45 a 15,15 horas. As solicitudes poden entregarse na Casa da Xuventude da rúa López Mora. É preciso levar a solicitude cuberta (está disponible na web www.xuventudevigo.org), foto do neno, volante de empadronamento do menor, fotocopia do DNI do pai e fotocopia da tarxeta sanitaria.

Comentarios  

 
0 #1 Museo Verbum 27-12-2011 10:42
Bos días, o campamento de Nadal que organiza a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo non é no Museo Verbum - Casa das Palabras senón no CEP Doutor Fleming.

C.E.P. Dr. FLEMING. DIRECCIÓN: R/OURENSE, 15. LOCALIDADE: VIGO CP: 36211. TELÉFONO: 986415447

Pregamos o modifiquen nesta páxina web que induce a erros.

Máis información: Casa da Xuventude (986 294 806).

Un cordial saúdo,
Museo Verbum
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario