Pola súa parte, Moya Kalongo é un grupo de orientación africana que bota man de contundentes percusións para crear ritmos tradicionais mozambiqueños coa influencia panafricana do abrofeat nixeriano. Este estilo nace da combinación de música yoruba, jazz, highlife e funk, popularizada na África dos 70.
Antes desta reunión intercultural, os nenos volven ter o seu espazo cun espectáculo de maxia na Praza do Teucro. Leva por nome “A casiña da maxia” e iniciarase ás 19:30, da man do mago Chrystyan Magic. Trátase de maxia de escena na rúa para toda a familia, onde se sucederán os efectos máxicos dos que o público forma parte activa e que contará cunha carpa, son e sobre todo moitas sorpresas.
Xa pola noite poderemos gozar dun concerto máis, que, como tódalas noites da Semana Grande (a excepción do xoves), se celebrará ás 22:30 horas na Praza de España. O artista invitado esta vez é El Pescao, nome artístico de David Otero, guitarrista e compositor de El Canto del Loco. Comezou o pasado ano a súa incursión en solitario no mundo do pop rock con gran éxito, logrando que o seu primeiro disco “Nada lógico” alcanzase a segunda posición como álbum máis vendido e fose número un tanto en iTunes como na lista Fnac.
Neste día de San Roque tamén haberá outros eventos, que son os seguintes: A charanga Apeles iniciará un pasarrúas ás 11:30 e outro ás 18 horas. Ao mediodía, o grupo Os Alegres de Mourente ofrecerá unha actuación polas prazas e rúas da cidade. Pola tarde, ás 17 horas dará comezo o XX Memorial Juan Villaverde coa Regata de bateis nas Corvaceiras. A Banda de Pontevedra ofrecerá un concerto na Praza Irmáns Pazó ás 19 horas e unha hora máis tarde, dará comezo unha misa solemne na Basílica de Santa María seguida da procesión de San Roque. Para pechar o día, haberá unha verbena á medianoite en Montero Ríos, a cargo da orquestra D´Color.
Fotografía principal de concierto en Pamplona de "El Pescao": Iruneluna



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















