A feira contará este ano coa participación de 10 apicultores procedentes de distintos puntos de Galicia. A principal novidade está en que non se pesará a unha personaxe coñecida para posteriormente doar o seu peso en mel a entidades benéficas. Pesarase a unha representación dun oso co dobre obxectivo de denunciar os danos que este gran mamífero fai nas colmeas de montaña e, ao tempo, reconciliarse con el. Sabemos que é un animal protexido, dixo Vidal, ao que Antón Louro engadiu que os apicultores tamén merecen estar protexidos.
Na rolda de prensa comentouse o alarmante descenso que se está a producir no censo de apicultores, un oficio tradicional que vese minguado co paso de tempo. Por cada cen apicultores que falecen ou se xubilan, só 20 ou 30 ven continuada a súa actividade polos fillos ou netos. Tamén se deu a voz de alerta sobre a entrada en España, a través do País Vasco dun avispón de orixe francesa que ataca ás abellas.
A feira funcionará en horario de 11 a 14 horas e de 17.30 a 23.00 horas. As degustacións comezarán ás 11.30 horas e ás 18.00 horas.
O programa da feira comeza o sábado 13 coa inauguración ás 11 horas. O martes, 16, ás 19.30 horas, haberá un obradoiro de extracción de mel. O mércores, 17, ás 19.30 horas, celebrarase a pesada do oso. O venres, 19, ás 19.30 horas, obradoiro de extracción de mel. A partires das 20.00 horas, entrega dos premios do concurso da radio. O sábado, 20, ás 19.30 horas, novo obradoiro de extracción de mel. A feira pecha o domingo, 21, ás 23.00 horas.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
As abellas con tantos pesticidas e enemigos de abispas, van ter que traballar a reo, ou favorecerlles o traballo e poñerlles auga con azucar cerca do panal pra rematar o traballo asiña, ¡¡xa no sería mel!!...
O consumo moderado mel natural, e un alimento moi nutritivo.
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.