Pero antes desta esperada actuación, no derradeiro día das Festas da Peregrina agárdannos outros eventos de luxo, como unha nova sesión de teatro infantil, a segunda xornada do Festival de Corais e a tirada de fogos de artificio que pecharán a noite.
Respecto ao teatro infantil, retornará a compañía Barafunda Animación cun espectáculo de maxia para toda a familia, “Maxia Branca”. Protagonizado por un paiaso, Lolo, que quere aprender a ser mago, entón Xabi, que xa o é, intentará ensinarlle o fundamental. Un espectáculo cargado de comicidade que busca a interacción co público. A cita, como sempre, será no Teucro ás 19:30 horas.
Posteriormente, celebrarase a segunda xornada do Festival de Corais na Ferraría. Comezará ás 21 horas e nesta ocasión participarán catro agrupacións: Coral Bella Helenes (Pontevedra), Coral Polifónica do Freixo o Peirado de Outes (A Coruña), Coral Airiños de Campañó e Coral Polifónica Torre de Maside (Ourense). Ao igual que na xornada anterior, o Festival terá unha duración dunha hora aproximadamente e cada coral cantará catro cancións, rematando todas xuntas co himno galego.
As Festas da Peregrina 2011 despediranse cun xogo de luces e sons no Peirao das Corvaceiras. A empresa Xaraiva, que xa realizou un espectáculo pirotécnico o luns 15, repite na súa labor de iluminar o ceo pontevedrés con fogos de artificio. Comezará á medianoite e promete ser sorprendente e innovador. Un final espectacular para unhas festas espectaculares.
A programación do domingo complementarase cun pasarrúas a cargo da charanga Apeles e do grupo Os Alegres ás 12:15, outro pasarrúas de Apeles ás 18 horas e cunha verbena en Montero Ríos ás 24 horas, da man das orquestras Passión Band e Naranja.
Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















