hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Hai Feira Franca na vila de Pontevedra

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

frrr Este venres, os pregoeiros a cabalo anunciaron polo casco histórico de Pontevedra o comezo da XII Feira Francal, que durante a xornada grande do sábado, fará viaxar a todos os pontevedreses á idade media a través de diversas actividades. Bailes e combates medievais, mercados de alimentación e artesanía, transporte do viño, exhibición de cetraría e tiro con arco, cenas e comidas por todo o casco histórico e música de viento, amenizarán esta duodécima edición da Feira Franca, que cada ano mellora na cidade do Lérez.

Trátase dunha festa que ten lugar a primeira fin de semana de setembro e se basa no privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos de un mes de duración, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu.

JavaScript no está habilitado!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

A concesión da Feira Franca coincide cun período de puxanza económica da cidade, que se prolonga ata as décadas finais do século XVI. A pesca e o comercio foron entón os dous piares do desenvolvemento económico de Pontevedra, daquela a vila máis poboada de Galicia.

apa

          www.pontevedraparaelmundo.com

Fotografía: Andrés Terraza

Comentarios  

 
+1 #3 sonia domínguez 05-09-2011 14:11
Parece que Pontevedra está despertando en favor de la vida en armonía...Para hacer que los extranjeros estén encantados con las personas de Pontevedra. Un pueblo se valora de forma como sus ciudadanos tratan en el cuidado a los animales y el civismo de las personas...
Citar | Reportar al moderador
 
 
+2 #2 tania y amigas 04-09-2011 21:28
¿espero que os guste pontevedra en extranjero saudos?
Citar | Reportar al moderador
 
 
+4 #1 sonia domínguez 03-09-2011 12:44
"Dime o enseñame como tratas a los caballos y podré descubrir que tan persona eres".La falta de cultura,la pobreza de espíritu o los problemas psicológicos desembocan y provocan siempre agresividad destructiva.Por el respeto de la vida en paz de cualquier ser vivo que habita en este planeta,por el derecho que tienen los animales,por que fueron los humanos quienes les quitaron su territorio , su comunidad,para ser domesticados pués se creía que es mejor forma de vida que la libertad...
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario