Os traballos que participen no concurso deben facer referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Ademais do tema, valorarase o enxeño e o coidado estético e lingüístico das propostas. A extensión máxima das presentacións é de 10 diapositivas e o peso non deberá exceder os 10 Mb, para favorecer o seu envío por medios electrónicos comúns.
O xurado, formado por persoal técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo gañador do primeiro premio da edición anterior, escollerá as tres mellores presentacións, que recibirán cadanseu lote de produtos de lecer en galego. Xunto cos gañadores, os traballos preseleccionados formarán parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da secretaría xeral (www.xunta.es/linguagalega).
O prazo para participar remata o 9 de decembro
O concurso de presentacións electrónicas está aberto a toda a cidadanía. Para participar, cómpre enviar os traballos a calquera dos seguintes enderezos electrónicos: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla ou Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla . O prazo de admisión das propostas remata o 9 de decembro de 2011 e o xurado dará a coñecer a súa decisión antes do día 20 dese mes.
As bases do concurso de presentacións de Nadal deste ano e os traballos premiados e seleccionados da primeira edición están accesibles no web da secretaria xeral, en http://www.xunta.es/linguagalega/concurso_de_presentacions_electronicas_de_nadal.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















