Vigo acolle hoxe sábado a 41 edición do Día da Muiñeira e o XII Concurso de Enxalzamento do Traxe Galego. Está previsto que máis de 1.400 persoas participen no acto central do evento, que terá lugar na Praza de Compostela ás 20.30 horas.
O XII Concurso de Enxalzamento do Traxe Galego terá lugar no Auditorio Municipal dende ás 17.30 horas. Concederanse dous premios por categoría do traxe de adultos (antigo, cotío, moderno e agrupación), e outros dous para o traxe infantil; ademais, entregaranse trinta e catro agasallos ao resto de participantes.
Ao remate do concurso, ás 19 horas, os grupos participantes concentraranse na Praza do Rei, e ás 19.30 horas desprazaranse á Praza de Compostela, percorrendo a rúa Cachamuíña, Paseo de Alfonso, a rúa Elduayen, Praza da Constitución, e as rúas Triunfo, Palma e Gamboa.
Escribir un comentario