hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Monte Porreiro celebra este sábado a chegada do inverno cun magosto no barrio

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

vbgttt Os veciños de Monte Porreiro celebran este sábado, 12 de novembro un magosto con motivo da chegada do inverno.O Concello de Pontevedra, como integrante do Consello de barrio de Monte Porreiro, colabora e apoia esta iniciativa veciñal que está organizada pola Asociación de Veciños O Mirador, Asociación A Fieitiña e as Anpas de Marcos da Portela, Fina Casalderrey e Luís Seoane.

O magosto comezará ás 17.00 horas e celebrarase no parque do Miradoiro de Monte Porreiro. Estará amenizado pola agrupación Os Alegres e terán especial protagonismo os rapaces do Marcos da Portela que venderán bebidas para recadar fondos para a súa viaxe escolar. O Concello e os veciños animan a todos a achegarse ata Monte Porreiro, a pasar unha xornada de lecer, con boa música e nunha paraxe de gran beleza como o parque do Miradoiro, recentemente recuperado polo Concello.

Escribir un comentario