hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Concello de Pontevedra presenta o cartel do Entroido 2012 que inclúe a Perfecto Feijoo e ó seu Loro Ravachol

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

CARTEL_ENTROIDO_2012_KIKO O Concello de Pontevedra e o debuxante Kiko Dasilva volveron a sorprender aos pontevedreses co cartel do Entroido 2012 que foi presentado no Concello de Pontevedra pola concelleira de Festas, Carme da Silva e o propio debuxante.

Nesta ocasión, o cartaz recrea a botica de Don Perfecto Feijoo dende o exterior. Aparece o boticario acompañado do seu inseparable Loro Ravachol e a Condesa de Pardo Bazán, xunto á botica que cada ano se instala na praza da Peregrina coa chegada do Entroido.

Kiko Dasilva explicou que "cada ano é máis difícil inventar algo diferente para o entroido de Pontevedra. E este ano pensei que os pontevedreses poderían ter a botica na súa casa. Neste ano que están tan de moda os recortes, decidín facer un recortable que se entregará co programa do entroido que se poderá montar na casa". É unha proposta dirixida, especialmente, aos máis pequenos.

20120120090111_img_1132

Onte, na presentación do cartaz, tamén se amosou unha maqueta semellante a que poderán facer os pontevedreses na súa casa (aínda que de dimensións inferiores). Esta maqueta exporase no Concello de Pontevedra durante todo o entroido para todas as persoas que queiran gozar dela.

A concelleira de Festas explicou que nos vindeiros días presentarase o programa do entroido dado que falta por ultimar só un dato e levalo a imprenta. Pero si adiantou que haberá importantes novidades para encher de contido toda a semana de entroido que mantén os cambios da pasada edición: o venres será a parodia e o sábado, o enterro de Ravachol. Carme da Silva explicou que se mantén así porque foron moi boas as opinións e referencias que obtiveron de todas as persoas que participan activamente no entroido pontevedrés.

Lembrou que o ánimo da Concellaría de Festas é que "sexa cal sexa a situación económica de cada unha das persoas, todos teñan dereito a participar das actividades festivas que organiza o Concello de Pontevedra, de tal xeito que se logre unha participación activa nas festas de Pontevedra". 

CARTEL_ENTROIDO_2012_KIKO

Comentarios  

 
0 #1 Sonia 21-01-2012 22:13
LA FIESTA DEL CRIMEN DE SATANÁS...LA FIESTA DE SATANÁS-Los niños/as siempre imitan los actos irracionales delos mayores. (FÓBIA AL LORO RAVACHOL)

http://lacomunidad.cadenaser.com/la-fiesta-del-crimen-de-satanas/2011/3/6/la-fiesta-del-crimen-satanas-la-fiesta-satanas-los
Citar | Reportar al moderador
 

Escribir un comentario