hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O Demo volverá a Pontevedra en volta en busca de almas para levar ao inferno

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
festa_do_demo_med O actor Miro Magariños volverá meterse na pel do Demo e percorrerá as rúas de Pontevedra en busca de novas almas para levar ó inferno. Será o vindeiro martes, 23 de agosto. Este evento tradicional da cidade foi recuperado polo Concello once anos atrás logo de extinguirse fai máis de medio século.

A historia remóntase a mediados do século XX en Pontevedra, cando un veciño chamado Dominguiños, coñecedor dunha lenda sobre o Demo e San Bartolomeu (ambos tiñan unha desputa por conseguir máis almas), saía á rúa disfrazado de diaño a véspera de San Bartolomeu, disposto a facer trasnadas.

A xornada comeza ás 12:30 da mañá coa saída do Demo e o seu séquito dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico. Posteriormente, ás 20:00 horas a comitiva do Demo sairá de novo á rúa para seguir cometendo trasnadas e burlas.

A partires das 21:30 horas dará comezo unha gran verbena, a “Foliada do Demo”, cos seguintes grupos de música tradicional: Atalúns, Zurrumalla e Os Chichisos. O primeiro deles é un grupo experimentado con gaitas, acordeóns, percusión e pandereteiras. O segundo grupo, Zurrumalla, nace coa intención de profundizar no estudo da música tradicional galega e pretende facer de cada actuación unha festa popular. Por último, Os Chichisos xorde da unión dun grupo de amigos con inquedanzas musicais, movidos polo seu interese na conservación e difusión da nosa tradición musical.

Escribir un comentario