Tal e como explicou o artista e Vigués Distinguido ,Teo Cardalda, o espectáculo estrearáse no teatro Calderón de Madrid o 15 de setembro ónde permanecerá ata xaneiro para volver despóis a terras viguesas.
A trama do musical baséase na historia de David e Matilde, dous anxos que viven felices o seu amor no ceo, pero ela soña con reencarnarse e vivir mil aventuras, viaxar, aprender, equivocarse, volver namorarse; en definitiva, desexa unha nova vida na que poder empezar de cero xunto a David. Faciendo oídos xordos aos consellos do seu mellor amigo Aquarius, e sabendo que, segundo a lei celestial, unha vez reencarnados non poderán lembrar nada da súa vida no ceo nen do seu amor, acuden á oficina das ánimas para emprender esta nova vida na terra.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















