hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O mítico grupo pop 'Hombres G' leva a súa enérxica posta en escena a Baiona

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

hombredsg

O mítico grupo do pop español dos anos 80 e principios dos 90, Hombres G, levará a súa enérxica posta en escena este venres a Baiona, un concerto enmarcado no Camiño da Música da programación de Xacobeo 2010.

Despois da boa acollida da actuación que esta banda ofreceu o 30 de xullo en Cambados, tamén dentro da programación de Xacobeo, Hombres G continuará o seu periplo por Galicia con dous novos concertos. A próxima cita será o venres no Parque da Palma en Baiona, a partir das 23.00 horas, e unha semana despois actuarán na Praza dos Irmáns García Naveira de Betanzos, ás 23.30 horas. Ambos concertos serán gratuítos.

En 2002, dez anos despois de que o cuarteto liderado por David Summers anunciara a súa separación, un dos grupos icona da década dourada do pop nacional, Hombres G, volveu co lanzamento ao mercado do seu traballo Peligrosamente juntos, no que ofrecían unha recompilación dos seus grandes éxitos, ademais de novos temas. Dous anos despois, viu a luz un novo traballo, Todo esto es muy extraño, co que reafirmaban a súa intención de quedarse na escena musical.

Boa mostra diso é o feito de que os autores de pegadizas cancións que xa forman parte da memoria musical colectiva de varias xeracións, como Venezia, Devuélveme a mi chica ou Marta tiene un marcapasos, publicaron un novo disco en 2007, chamado 10, que recollía once novos temas. Este último traballo recupera o son dos Hombres G de sempre, pero con influencias novas e diferentes grazas á man do produtor Carlos Jean.

Con propostas coma esta, Xacobeo 2010 mantén o seu compromiso de impregnar a toda Galicia coa programación deseñada para celebrar este Ano Santo, ademais de achegar contidos que satisfagan as demandas e os gustos de todos os públicos, independentemente da súa idade.

 

Escribir un comentario