hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

O prazo de inscrición para a Feira Franca remata este venres

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
feira Este venres, 15 de xullo, remata o prazo de inscricións en xantares e ceas na Feira Franca. Tamén ata esa data está aberto o prazo para participar no mercado e para darse de alta na hostalería.

O prazo abriuse o pasado 20 de xuño e foi decisión do Consello Aberto da Feira Franca aumentar o prazo de inscrición (como na pasada edición), xa que se notou á hora de xestionar todas as solicitudes e que todas as que cumprían os requisitos fosen admitidas sen maior problema.

A Feira Franca 2011 celebrarase o 2 e 3 de setembro (venres e sábado) e terá como fío conductor “O comercio na Pontevedra de finais do XV e principios do XVI”. O obxectivo é destacar a importancia do comercio na que era a cidade máis populosa de Galicia. Síntoma da súa vida social e do seu dinamismo, ao que contribuían elementos como o porto das Corvaceiras, a ruta dos Arrieiros e, mesmo, o camiño de Santiago.

Os obxectivos desta edición están buscar a calidade da Feira Franca. Para isto se porá un especial coidado no tratamento dos espazos, o mantemento destes espazos durante toda a Feira Franca.


Escribir un comentario