A concelleira, Carlota Román, considera que “Sinte o Nadal” cumpriu co seu principal obxectivo: crear un ambiente lúdico durante a campaña de Nadal e facilitar aos pais e nais unha opción de lecer para os cativos que facilitase e complementase a experiencia de compra no comercio local.
Román engade que o éxito alcanzado por actividades como a carpa multiactividades e o tiovivo confirman o acerto dunha oferta que encaixou perfectamente co espírito do Nadal. Máis modesta foi, en cambio, a repercusión do tren turístico, no que se ofrecía a posibilidade dunha ruta pola cidade con paradas nos principais puntos de actividade comercial. Un total de 3.100 persoas fixeron uso desta opción.
Finalmente, a concelleira está especialmente satisfeita da colaboración privada nesta iniciativa, que tivo á Concellería de Promoción Económica como principal patrocinador. Ademais de expresar o seu agradecemento a todas as empresas e asociacións colaboradoras, destacou que o seu departamento, e moi especialmente a empresa municipal Turismo de Pontevedra, está sempre aberto a fórmulas de colaboración público-privada. A participación dos sectores comercial e turístico, destacou, é unha estratexia recorrente na promoción de Pontevedra.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















