O Auditorio Municipal do Concello acollerá distintos espectáculos como o musical "Xa me tardan estes Magos", o 27 de decembro, e funcións de monicreques e teatro do 2 ao 4 de xaneiro.
Abel Caballero recordou que a programación de nadal xa está en marcha desde o pasado 16 de decembro, data na que o Circo Galtük iniciou os seus pases en Samil, que darán por rematados o próximo 8 de xaneiro. Por outra banda, Vigolandia chegará ao IFEVI o próximo luns, con múltiples posibilidades para o entretemento de toda a familia.
O concerto de Nadal será este xoves, 22 de decembro, ás 21 horas no Auditorio Municipal a cargo do Coro Concento Vigo, con entrada gratuita ata completar aforo. A programación musical complñetase con concertos de corais e bandas, ranchos de reis e panxoliñas en distintos puntos da cidade.
Por último, o alcalde adiantou que a Cabalgata de Reis percorrerá desde as 18:30 horas do 5 de xaneiro García Barbón -desde Isaac Peral-, Policarpo Sanz e finalizará na Porta do Sol. Será o punto final a unha xornada con festa de benvida aos reis magos no Auditorio do Concello, coa tradicional visita aos hospitais e centros socioasistenciais e coa recepción das autoridades ás súas maxestades os Reis Magos.
Esquelas / Defunciones
Pontevedra



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















