A gastronomía é unha peza fundamental nesta celebración e os hostaleiros sábeno, por iso teñen preparados uns menús especiais para a ocasión. Asimesmo, nas rúas e prazas da cidade haberá 257 mesas de comidas e ceas que foron solicitadas por particulares.
ProgramaciónA xornada comezará ás 19,00 horas da tarde do venres, cando uns pregoeiros a cabalo anunciarán por todo o centro histórico o inicio da Feira Franca. A partires dese momento, darán comezo distintas actividades entre as que cabe salientar un gran espectáculo de teatro, música e luz. É “Carros do Ar”, das compañías Troula e Kull D´Sac, que se realizará na praza da Ferraría ás 22,00 horas. O resto da xornada estará marcada por actividades de música e baile medievais e por dous pasarrúas a cargo de Troula Animación, o primeiro comezará ás 21,30 horas e o seguinte unha hora despois.
O sábado, día grande por excelencia, destacan dous populares actos, que son a Recreación do transporte do viño e o Torneo medieval. O primeiro correrá a cargo da Asociación Recreativa de Xeve e de Art Monium Animación, e contará con animación, música, representacións, etc. Iniciarase ás 12 horas e transcorrerá polas rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría, rematando na praza da Peregrina. Pola súa parte, o Torneo medieval virá da man de Legend Especialistas e celebrarase en dous pases, un ás 17:30 horas e posteriormente outro ás 20 horas, na Praza de Touros. O equipo de Legend trasladaranos durante unhas horas a un auténtico combate medieval, grazas a unha gran posta en escena con armas, cabalos e unha brillante interpretación. A entrada será de balde ata completar o aforo.
A programación do sábado completarana un gran número de actividades: a interpretación do cantar de cego e música medieval polas rúas do centro histórico (ás 11:30, ás 18 e ás 21 horas); unha exhibición e un obradoiro de iniciación á esgrima antiga nas prazas da Verdura (ás 12:30) e da Ferraría (ás 17:30 horas); unha demostración de tiro con arco ás 13 horas, unha exhibición de cetraría (ás 13:30 e 17 horas) e posteriormente unha competición-exhibición de tiro con arco ás 16:30 horas, todo isto en Montero Ríos; unha exhibición de danza diante do Concello (ás 17 e ás 19 horas); e por último, haberá distintos pasarrúas pola zona monumental (ás 18, 19:30, 20, 20:30, 21, 21:45 e ás 23 horas).
Plan de tráfico e seguridadeA Policía Local, en coordinación coa Concellaría de Festas e os outros servizos de emerxencia implicados na Feira Franca, organizou un dispositivo especial de tráfico e de seguridade co fin de dar os mellores servizos aos cidadáns e paliar, na medida do posible, todos os inconvintes que acarrexa este tipo de evento. Como vén sendo habitual, no dispositivo participarán membros da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e voluntarios que axudarán a que o espazo público estea nas mellores condicións de uso para a cidadanía.
O operativo de tráfico supón a restricción de aparcamentos en determinadas rúas e cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos afectados.Prohíbese a circulación de vehículos nas rúas da zona monumental a partires do sábado día 3 ás 10 horas. Tamén estarán pechadas ao tráfico as rúas Arcebispo Malvar, Galera, Benito Corbal (tramo peonil), rúa Peregrina (tramo peonil) e rúa Michelena. Ademais, dende as 16 horas do día 3 de setembro pecharase a circulación de vehículos nas rúas do entorno da Praza de Touros, por mor da celebración dun espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectara ás rúas Víctor S. Arnesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e rúa Canaval.
No traslado do viño realizarase un corte puntual na intersección das rúas Santa Clara con Cobián Roffignac e na intersección das rúas Santa Clara con Perfecto Feijoo. Tamén na rúa Santa Clara na actividade de traslado do viño cara a zona monumental. Aproximadamente producirase sobre as 11:30 do sábado 3 de setembro.
Polo que respecta aos estacionamentos, dende as 22 horas do venres día 2, prohíbese aparcar na rúa Santa Clara no tramo entre o Convento ata a rúa Cobián Roffignac, co gallo do transporte do viño. Está prohibido tamén dende o venres día 2 as 07 horas no entorno da Praza de Touros, concretamente na rúa Nostradamus, e Canaval e a partir das 08 horas do sábado 3 en Víctor Saez Armesto, rúa Canaval, e o perímetro da Praza de Touros.En relación co plan de seguridade, este estará activo dende as 11 horas do sábado ata as 03 horas do domingo 4 de setembro.
A partir das 11 h, un equipo conxunto formado por representantes da Concellaría de Festas, da Policía Local e dos Bombeiros inspeccionará os postos (comidas, mercado, hostalería) co fin de comprobar que se adaptan ás normas establecidas pola organización, que son as seguintes:-
O combustible autorizado para o uso das parrillas é exclusivamente o carbón
-
Extintores, preto das parrillas
-
Poderanse instalar só os postos autorizados.
-
Os postos autorizados só poderán ocupar o espazo asignado (ubicación e metros), especialmente importante nas vías de penetración e evacuación.
Durante a celebración da Feira Franca permanecerán habilitados os seguintes puntos de emerxencia:
-
Posto avanzado médico no Teatro Principal
-
Tres ambulancias
-
Valentín García Escudero
-
Bastida/ Michelena
-
Alameda
-
-
Protección Civil
-
Praza Ourense
-
-
Bombeiros
-
Praza España
-
Valentín García Escudero
-
-
En distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca, e estratexicamente colocados, haberá unha batería de extintores.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook
















Comentarios
Suscripción de noticias RSS para comentarios de esta entrada.