hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Os Reis Magos de Oriente chegarán a Pontevedra este xoves pola mañá para atender as peticións dos nenos

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
gyttt A cidade de Pontevedra ten todo preparado para recibir aos Reis Magos de Oriente este xoves 5 de xaneiro pola mañá. A Concellaría de Festas, que dirixe Carme da Silva, é a encargada de ter todo listo para recibir ás súas maxestades que chegarán á nosa cidade cargados de agasallos para nenos e maiores.

A súa chegada está prevista para as 10.45 horas a lomos de cabalos. Estarán acompañados de todo o seu séquito que levará parte dos agasallos dos nenos de Pontevedra en camelos. Percorrerán as rúas Michelena, Peregrina, Paseo Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Pedreira, para ir descansar ao Pazo de Mugartegui, (arredor das 11.00 horas) onde recibirán a todos os nenos que queiran falar con eles ata as 14.00 horas.

Tamén no Pazo de Mugartegui, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores dará a benvida á nosa cidade ás súas maxestades, e pedirálles que sexan xenerosos cos cativos pontevedreses que este ano foron moi bos, segundo a información da que dispón a Concellaría de Festas.

Todos aqueles nenos que teñan que esperar o seu turno para ser recibidos por Melchor, Gaspar e Baltasar na praza da Pedreira, poderán gozar das actividades e do espectáculo que organizará Cirko 1900.

Logo dun reparador descanso, os Reis Magos collerán as súas carrozas para participar na tradicional Cabalgata de Reis que partirá ás 18.00 horas da rúa Doce de Novembro para percorrer Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena ata a praza de España. Ademais das carrozas reais, a Cabalgata contará con outras tres carrozas nas que irán os paxes dos Reis con todos os agasallos que repartirán esa noite nas casas dos cativos de Pontevedra.

Neste percorrido as súas maxestades agasallarán a nenos e maiores con 1.000 kilos de doces, aptos para celíacos.

É o primeiro ano que o Reis Magos de Oriente adiantan a súa visita á cidade. Realizar a recepción oficial pola mañá e adiantar unha hora a saída da Cabalgata de Reis reportará avantaxes para a cidade. Os nenos poderán recollerse antes á espera das súas maxestades, e os propios Reis poderán facer as súas últimas compras no comercio local, xa que está previsto o remate da Cabalgata ás 19.30 horas e o peche do comercio será unha hora despois, aproximadamente.

Escribir un comentario