hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Parabéns aos pontevedres por facer da Feira Franca todo un éxito

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

imagenes_ff-9_a18563b1 O voceiro do Goberno Local, Raimundo González, destacou a afluencia de persoas á Feira Franca foi maior que outros anos, tal e como marcan algúns índices dos que dispón a Concellaría como o uso dos estacionamentos disuasorios que se cubriron ao cento por cen, ao igual que os aparcamentos privados.

No eido das incidencias a Concellaría de Festas destacou que houbo poucas. Dos 400 postos de diferente tipo que se instalaron na Feira, só se interviron 11 que tiveron que correxir algún detalle como retirar a megafonía ou ter algún elemento protector máis para o lume, entre outras cousas. Só houbo 18 asistencias sanitarias a maior parte por caídas ou lipotimias.

Tamén tivo o seu protagonismo o servizo de limpeza que habilitou a máis de 70 persoas que limparon todo o casco antiguo durante dous días, de tal xeito que o domingo ás 13.30 horas xa estaba practicamente todo listo tras recoller arredor de 26 toneladas de lixo.

O voceiro do Goberno local, Raimundo González quixo “felicitar a toda a cidadanía” pola participación e asistencia á Feira Franca, unha edición que foi todo un exemplo de implicación e deseño, con especial coidado ás mesas de particulares.

O voceiro destacou que “nos congratulamos por obter estes bos resultados de achega económica e diversión para os veciños, especialmente nesta época de crise”.

Escribir un comentario