hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Un total de corenta nenos vigueses poderán acompañar aos Reis Magos na tradicional Cabalgata

Dfiestax

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

cabalgata Un total de corenta nenos vigueses poderán acompañar aos Reis Magos na tradicional Cabalgata grazas ao concurso 'Vente cos Reis Magos' convocado polo Concello de Vigo.

Poderán participar neste 'casting' para acompañar ás Súas Maxestades todos os nenos e nenas da cidade olívica nacidos entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 2003, ambos inclusive.

As solicitudes poderán depositarse nunha caixa de correos do Carteiro Real instalada na Lonxa do Concello -praza do Rei-  e nos Centros Cívicos de Teis, Casco Vello, Coruxo e Saiáns.

O prazo de inscrición comezará o vindeiro xoves día 15 de decembro e finalizará as 20:00 horas do día 20 de decembro. O sorteo realizarase o día 22 de decembro, ás 12:00 horas na Casa do Concello. A inscrición no concurso supón a aceptación das bases aprobadas pola Xunta de Goberno do 2 de decembro de 2011.

Escribir un comentario