A situación de crise económica está afectando gravemente aos concellos españois e o de Vigo non podía quedar atrás destes reaxustes. Un deles afecta ao Entroido deste ano, que verá diminuida a súa partida orzamentaria.
Deste xeito, a organización do Entroido suporá este ano 95.000 euros ás arcas municipais, o que supón un aforro de 25.000 euros respecto a 2011, cando o custe se elevou a 120.000 euros.
A pesares desta redución, entre o venres 17 e o 22 de febreiro, "teremos un magnífico Entroido", indicou o rexedor olívico, Abel Caballero, aludindo á celebración da Cabalgata, que resultou un éxito aínda que tamén foi máis austera que anos anteriores.



Digg
Del.icio.us
Googlize this
Facebook















