hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Ángel Gabilondo subliña que o Goberno quere abordar a crise situando a educación no "corazón da economía"

Economía

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
gabilon

O ministro de Educación, Ángel Gabilondo, viaxou a Vigo onde visitou un colexio público, o Concello de Vigo e xa pola tarde reuniuse co rector da Universidade e posteriormente con pais e profesores de colexios da cidade. Gabilondo asegurou que o Campus de Excelencia Internacional, Campus do Mar, suporá para Vigo e para Galicia "unha potencia de transformación". Abel Caballero deu a benvida ao Ministro e afirmou que a súa visita é especialmente importante porque este goberno municipal fai da educación "un tema central".
O alcalde de Vigo deu a benvida ao ministro de Educación, Ángel Gabilondo, de viaxe oficial na cidade olívica e onde visitou o CEIP Doutor Fleming para trasladarse posteriormente as dependencias municipais. O Ministro reuniuse co alcalde e saudou aos membros da corporación viguesa e nas súas previsións inclúense tamén unha reunión co reitor e a equipa de goberno da Universidade de Vigo e unha xuntanza con pais e profesores de colexios públicos da cidade.
Ángel Gabilondo explicou que no momento actual de crise económica e social, non so en España senón en todo o mundo occidental, "queremos abordar a crise poñendo a educación no corazón mesmo da economía". Tamén indicou que entre as súas prioridades destaca a proximidade á comunidade educativa ao entender "que ese é o aliciente, a forza e as razóns para traballar". O Ministro encomiou o carácter da cidade viguesa como "a dinámica emprendedora e productiva" e apostou por "non facer discursos de lamento". Pola súa banda o alcalde de Vigo asegurou que a súa visita é especialmente importante polo papel que xoga a Educación na política do actual goberno municipal.

Escribir un comentario