hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

Máis de 2.400 uruguayos residen na provincia de Pontevedra

Emigrantes en red

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

uruguayos_01 Máis de 2.400 uruguayos residen na provincia de Pontevedra, segundo os datos aportados pola nova cónsul xeral de Uruguay, Marta Echarte Baraibar, nun encontro que mantivo co presidente da Deputación, Rafael Louzán.

Segundo informo a propia Echarte “fai tres meses que cheguei e estou visitando as diversas provincias e as súas autoridades máximas e coñecendo os lugares nos que viven os uruguaios.

Segundo informou a cónsul as provincias de Pontevedra e Coruña son as que aglutinan á comunidade de uruguaios máis importante, Concretamente, puntualizou que na cidade de Pontevedra hai 200 persoas procedentes de Uruguai, en Vilagarcía 210 e en Vigo 2.000 persoas.

Finalmente, Marta Echarte Baraibar, puxo de relevo as boas relacións existentes entre ambos países e comunidades, os lazos de amizade e reprocidade afectiva.

Marta Echarte Baraibar, acumula unha longa experiencia diplomática tras ter desempeñado o seu cargo en Venezuela, Colombia e Brasil, ademais de en cidades como Madrid.

Tras percorrer medio mundo, Echarte Baraibar recalou en terras galegas para substituír no seu cargo á fronte do consulado de Uruguai a Gonzalo Koncke. Segundo informou, pretende manter a estreita relación que existía entre seu antecesor e a comunidade uruguaia en Galicia.

uruguayos_02

 

 

Escribir un comentario