hemeroteca
Enlaces
Los blogs de nuestros colaboradores
Propón un blog

239 viños e augardentes concursarán na cata anual que organiza a consellería de Medio Rural

Gastronomía

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon

derc Un total de 221 caldos pertencentes ás cinco denominacións de orixe vinícolas galegas e 18 augardentes de calidade concursarán na cata anual -que terá lugar entre os días 18 e 21 de xullo na compostelá Escola de Hostalería Lamas de Abade- e que organiza o departamento que dirixe Samuel Juárez.

A Consellería do Medio Rural procedeu esta semana á recollida de mostras das adegas participantes ás “XIII Cata das Augardentes de Galicia” e “XXIII Cata dos Viños de Galicia”; realizada por un equipo da organización formado por funcionarios das delegacións provinciais da Consellería e persoal dos seis consellos reguladores participantes (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra e Augardentes e Licores de Galicia).

A recollida consistiu na elección ao azar dunha mostra de 4 botellas tipo bordelesa 3/8 - de cada unha das augardentes- e 6 botellas de cada un dos viños participantes. Destas catro e seis botellas da mostra, unha delas quedou en poder do propietario, introducíndose as outras en caixas que foron precintadas e transportadas ata a Escola de Hostalería Lamas de Abade, onde permanecerán depositadas e debidamente custodiadas ata o momento da celebración das catas.

As mostras son numeradas e introducidas nun almacén en presenza dos membros do Xurado de Cata. Este sistema denomínase ‘cata a cegas’ e aplícase na maioría dos concursos con estas características. Está concibido para garantir o anonimato das mostras dende o inicio ata o remate do proceso, xa que garante que as botellas -unha vez saídas da adega- quedan a salvo de calquera manipulación.

Condicións
No momento da recollida de mostras, as industrias pertencentes á D.X. Augardentes e Licores de Galicia teñen que ter unhas existencias mínimas de 250 litros de augardente do mesmo lote. Pola súa banda, as adegas vinícolas teñen que ter unhas existencias mínimas de 5.000 litros para o caso das industrias e de 2.500 litros para a categoría de colleiteiros.

Todos os viños que se presentan teñen que ser da colleita do 2010, agás os denominados de barrica (que nalgunha das fases de elaboración estiveran en contacto con madeira), que poden ser do ano 2009. Cada adega pode presentar ata un máximo de dúas marcas de viño branco e dúas de tinto, ou unha marca se se presenta pola categoría de colleiteiro.


Viños
A esta edición de cata inscribíronse inicialmente un total de 221 viños pertencentes a 142 adegas acollidas ás cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. Deles 160 son viños brancos, 61 tintos e 29 que decidiron optar ao concurso pola categoría de Viños de Colleiteiro (neste último caso, optan ao premio de Mellor Viño Branco e Mellor Viño Tinto de Colleiteiro).

Pola súa parte, as industrias cos tres viños mellor puntuados de cada unha das Denominacións de Orixe optarán a tres premios: os Acios de Ouro, Prata e Bronce. Á súa vez, o mellor branco e o mellor tinto puntuado competirán cos das outras Denominacións de Orixe polo premio aos Mellores Viños Tinto e Branco de Galicia.

Augardentes
Nesta edición participan inicialmente un total de 18 augardentes pertencentes a 16 industrias elaboradoras inscritas no Consello Regulador das Denominacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Concursan unicamente as augardentes acollidas a esta indicación xeográfica, cun máximo de dúas marcas por empresa.


SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL.

Escribir un comentario